Vistas de página en total

miércoles, 25 de marzo de 2020

AS MIÑAS MASCOTAS

Ola a tod@s!!!! Cómo vai o día de hoxe???
Espero que ben e xa sabedes que hoxe  temos que tachar outro número no noso calendario da conta atrás. 
Ánimo amiguiñ@s!!!!!!

Vouvos contar o que me aconteceu hoxe...fun limpar a neveira ( xa sabedes que aos adultos que estes días estamos sempre en casa se nos da por ter todo requetelimpo) e cando pasei a balleta veu subido encima dela un caracol bebé... e non sabedes que ilusión nos fixo na casa!!!

Debía de levar desde o luns na neveira porque ese foi o último día que fun á tenda nesta semana, e  ese día foi o que comprei  unha leituga.

Bueno, pues o tema é que o pobre sobreviviu ao frío do frigorífico durante dous días e mediio...MENUDO CAMPEÓN!!!
Así que collimos unha fiambreira, lle botamos leituga e o puxemos ao Sol...O resultado foi inmediato, comezou a sacar os cornos...ESTABA VIVO!!!

Chamámoslle " Timi" ( o nome non o escollín eu, o escolleu a miña filla ) e ahí que agora temos unha mascota máis na casa...A que é xenial???

Este é "Timi"...


A que é supermono???

O caso é que nós xa tiñamos na casa outra mascota, unha cadeliña de cor marrón chamada Luna, máis case nunca a chamamos Luna, a soemos chamar " Puchi", " Cuchita "e cando colle un pouco de peso a chamamos cariñosamente " Cu-Cheta"😆 por iso de que se pon redonda coma un cheto.
Esta é Cuchita...


                                              É a raíña da casa!!!👸

Agora quero propoñervos que si tedes algunha mascota en casa, peluche-mascota ou calquer outra cousa que vos faiga compañía me mandedes a foto da mesma ao meu correo e eu me encargarei de poñela no blogue e dicir de quen é.

VEÑA ANIMÁDEVOS!!!

Éste é o meu correo:
terelangara@gmail.com

Bueno amiguiñ@s,  por agora esto é todo, pero seguiremos pronto en contacto.
Unha aperta e moitos bicos!!!!!💕💕💕💕💕💕

No hay comentarios:

Publicar un comentario