Vistas de página en total

miércoles, 29 de diciembre de 2021

FELICITACIÓN DE NADAL

Ola familias!!

Déixovos aquí o vídeo co que felicitamos as festas os nenos e nenas da aula de 4 anos.Espero que o desfrutedes...🎄🎄🎄🎄


lunes, 20 de diciembre de 2021

PARABÉNS CHLOE!!!

 Hoxe estivemos de🎇🎇 celebración🎇🎇, pois a nosa compi CHLOE vai a estar de aniversario o día 31 e como nos pilla de vacacións de Nadal decidimos que hoxe era un día xenial para celebralo.


Como non podía ser doutro xeito, a celebración foi por todo o alto. Cantamos, bailamos e lle dixemos á nosa amiga o moito que a queremos. 🎤 💃💃 💕 💕

PARABÉNS CHLOE !!

XA TES 4 ANIÑOS !!! 🎂🎂🎂🎂

viernes, 12 de noviembre de 2021

PARABÉNS LOLA!!

 Hoxe estivemos de celebración no cole  porque a nosa compi LOLA fixo catro aniños e, como non podía ser doutro xeito, houbo festa rachada!! 🎊 🎊 🎊 🎊

Cantamos, bailamos e dixémoslle á nosa amiga o moito que medrou e o moito que a queremos.😍😍😍😍

Parabéns 🌟Lola🌟, desfruta do teu día!! 🎂🎂🎂🎂

sábado, 30 de octubre de 2021

ARGALLANDO

🍁🍄Cómo vai iso familias?🍄🍁

 Hoxe quero compartir con vós unhas fotos deste último mes no cole que, como saberedes,  estivo cheo de actividades...Uff, que atarefados estivemos!! 📎📏📓✏

Comezamos pola carreira de obstáculos ENKI a favor das persoas con diversidade funcional...qué ben que o pasamos e enriba por unha boa causa.🏃🏃🏃🏃

























Para celebrar o 👻SAMAÍN👻 fixemos un mural xigante que serviu para decorar a Exposición de Cabazas que coma cada ano se monta no recibidor do noso cole.

 Mirade qué bonito quedou..











Se vos fixades nas fotos poderedes ver que toda a producción de debuxos de cabazas, pantasmas, arañas, letras do mural, lúa, bruxa...son creaccións nosas. 🎨 🎨 🎨 🎨

Esforzámonos moito para que todo quedase moi chuli e deunos moito traballiño 😏😏 

Por certo, as cabazas quedaron fantásticas. Parabéns a tod@s!!

Durante esta semana tamén tivemos un "CONTACONTOS DE MEDO" na biblio do noso cole.  

O xoves a profe Fani, que nos seus ratos libres traballa de bruxa,  veu montada na súa vasoira e leunos o conto de O Papón... Vaia sorpresa levamos!! ✨✨

O conto gustounos moitísimo pero o mellor foi saber que temos unha bruxiña no cole e non sabíamos nada!! 😂😂😂😂












Nesta semana tamén nos deu tempo a facer unhas "PANTASMA-COROAS" que levamos para a casa como recordo destes días de celebración...





O venres foi o día grande do MAGOSTO e SAMAÍN e o celebramos por todo o alto. Viñemos disfrazados, participamos nos xogos " Morro...da risa co Samaín", bailamos...



























Ai, que recordos máis bonitos nos levamos!!! 😍 😍 😍 😍