Vistas de página en total

jueves, 30 de abril de 2020

OS SETE CABRITOS

👪 👪 Cómo estamos hoxe familias? 👪 👪
Espero que ben e co ánimo en alto, aínda que este día chuvieiro non acompañe moito.
Pero bueno, como na casa xa tiñamos que quedar hai que buscalo xeito de aburrirse o menos posible... así que  hoxe vouvos propoñer que vexades o conto dos SETE CABRITOS que tanto nos gustaba ler no cole e así recordamos vellos tempos...


Este conto encántame e o que máis me gusta, coma sempre,  é que é ...EN GALEGO!!!
Deixovos tamén un debuxo para colorear dos SETE CABRITOS e do LOBO. 🐺🐺🐺
Fixádevos ben porque non tedes que colorear tódolos cabritos, SÓ TEDES QUE COLOREAR SETE!!!
Feliz ponte do primeiro de maio!!!
🐥 🐥 Vémonos pronto!!! 🐥 🐥

miércoles, 29 de abril de 2020

POR SI VOS QUEREDES ENTRETER...

🐞🐞🐞Ola rapaces!!!🐞🐞🐞
Xa estamos no día no día 47👀 do noso confinamento, QUEN NOLO ÍA A DICIR!!!.
Xa sabedes que son boas as noticias que nos chegan sobre o desconfinamento. Agora xa hai varias fases para ir recuperando a nosa actividade, máis como vos digo sempre NON PODEMOS BAIXAR A GARDA.
Eu son das persoas que sempre busca a parte positiva das cousas e agora máis que nunca quero pensar que pronto nos vamos a volver a encontrar...pero para iso temos que seguir facendo o que nos mandan e non apurar. O ESTADES FACENDO XENIAL E TEMOS QUE SEGUIR ASÍ!!! 🎊 🎊
Hoxe vos traio unhas fichas para pasar o rato e darlle un pouquiño ao miolo.
A VER SI VOS GUSTAN...
Recórdovos que podedes estar en contacto comigo no meu correo:
terelangara@gmail.com
🎼Ata mañá amig@s!!!🎼

martes, 28 de abril de 2020

XA CASE ESTAMOS EN MAIO...


🌼🌼🌼🌼🌼
Xa case estamos en maio e como dí a canción de Joaquín Sabina ..QUIÉN ME HA ROBADO EL MES DE ABRIL?
Cando nos demos conta xa rematou o curso, este curso tan raruno que nos tocou vivir e que esperamos que non se volva a repetir.
Imos a cruzar os dedos para que as previsións sexan boas como ata agora e poidamos volver á normalidade canto antes .
VAMOS, MOITA FORZA PARA TOD@S!!!
Como dicía antes,  xa case estamos en maio e normalmente por estas datas xa estabamos a argallar coas flores, o fiúncho, as laranxas silvestres...para facer o noso maio que tanto traballiño nos daba pero que quedaba moi bonito...O MÁIS BONITO DE TODO FERROL!!! 
💞 Qué recordos!!! 💞
Pois ben, desde o Equipo de Dinamización Lingüística querémosvos animar a participar dunha iniciativa que sae do CEIP Manuel Masdías e que ten como finalidade non perder a tradición do MAIOS que desde fai xa moitos anos se celebra na nosa comarca baixo o lema "FERROL DE FRORES CUBERTO".
A actividade consite en facer un DEBUXO DUN MAIO e decoralo ao voso gusto: collage, montaxe, colorear,con teas, con materiais de refugallo...💄👕
DEIXADE TRABALLAR Á VOSA IMAXINACIÓN E AO VOSO ESPÍRITO ARTÍSTICO!!!
Despois facédelle unha foto e nola enviades ao seguinte correo:
terelangara@gmail.com
Con todas as fotos recibidas faremos unha presentación  moi chuli para FESTEXAR OS MAIOS.
🌺🌸🌹🌼Animádevos!!!🌼🌹🌸🌺

lunes, 27 de abril de 2020

LEOSAURUS QUEDA NA CASA

📹 📹 📹 Ola outra vez chic@s!!! 📹 📹 📹

Aínda estou a voltas con todo o traballo que fixéchedes polo DÍA DO LIBRO e que  vos propuxeron desde o Equipo de Biblioteca.Así pois, agora toca ensinarvos como vai quedar o conto de "LEOSAURUS QUEDA NA CASA" que foi feito cos vosos traballiños.
 Cando poidamos volver ao cole o imprimiremos e faremos un libro que deixaremos na biblioteca para que o poidades disfrutar tod@s.
 🌌 🌌 ESPERO QUE VOS GUSTE COMO QUEDOU!!! 🌌 🌌


QUE NON SE ME OLVIDE NINGUÉN!!!

🏡 🏡Día 45 do noso confinamento...Cómo o levamos familias???🏡 🏡
Espero que ben... xa  imos notando queda menos para recuperar a normalidade. 
De pronto, dende onte deixan saír aos máis pequenos da casa a dar unha voltiña e poder respirar un pouquiño de aire.🍃🍃
Isto quere dicir que imos ben, máis aínda temos que tomar precaucións e e non baixar a garda porque de ningunha maneira queremos volver ao punto de partida. Recordade que son moi importantes as distancias e lavarse ben cando voltemos ás casas...QUE VOS VOU CONTAR QUE NON SAIBADES!!! 😉😉

Pois ben, hoxe tráiovos outra entrega de fotos das que @s nos@s nen@s do cole fixeron para celebrar o DÍA DO LIBRO.Xa sei que estas fotos chegan con retardo, máis xa sabedes que isto das tecnoloxías ás veces non é tan rápido como nos gustaría e non QUERO OLVIDARME DE NINGUÉN porque sodes tod@s fantásticos e non merecedes menos.
Aí vos van...

























Gracias chic@s!!! 
Estou abraiada coas vosas creacións...SON ESPECTACULARES!! e gústame moito ver o concentrados que estades nas lecturas.
Seguide así, por favor...a lectura xunto coa música son as armas máis valiosas que temos para superar calqueira situación.
🌿🌿Un bico enooorrrrmeeee.🌿🌿

viernes, 24 de abril de 2020

A TOPE CO DÍA DO LIBRO - PARTE 2

🎉🎉🎉🎉 Feliz Día do Libro...OUTRA VEZ!!! 
Menuda acollida tivo a actividade de que enviarades as vosas fotos coas lecturas que estades a facer agora.Qué Xenial!!!📷 📷 📷 📷
Foi tal que hoxe temos que seguir publicando as vosas fotos porque aínda nos siguen chegando. 📨 📨
GRACIAS A TOD@S POR FACER  QUE ESTE CONFINAMENTO SEXA O MÁIS AGRADABLE POSIBLE!!!
SODES UNS CAMPEÓNS!!! 🏆 🏆 🏆 🏆
📎📎Aquí vos deixo a montaxe que fixen, espero que vos guste tanto como a min...Vai con todo a meu cariño.



Non sabedes o  moito que me gustou volver a vervos, aínda que só fora a través das fotos...Vexo que medráchedes e todo!!! 
E... ESTADES TOD@S GUAPÍSIM@S!!! 😍 😍
Nos próximos días irei publicando os traballos que enviáchedes recomendando as vosas lecturas. Non volo perdades que hai un montón de lecturas súper interesantes!!!
🌺 🌺 Bo fin de semana e seguimos en contacto...🍃🍃

jueves, 23 de abril de 2020

A TOPE CO DÍA DO LIBRO

💮💮Feliz día do libro a tod@s!!!💮💮

Vaia celebración máis chula que estamos a facer do día do libro... AÍNDA QUE SEXA DE MANEIRA VIRTUAL!!!🔌📡🔌📡🔌📡🔌
Antes de empezar quero dicir que estou flipando coa boa resposta á iniciativa de enviar os vosos marcapáxinas e as vosas fotos coas lecturas que estades a facer agora. VAIA XEITO MÁIS BONITO DE CELEBRAR ESTE DÍA!!!
Outra vez demostramos que no cole Juan de Lángara estamos A TOPE CON TODO O QUE NOS PROPOÑEMOS.💃💃
Vou comezar compartindo con todos vos as fotos que nos mandaron os profes do cole.
QUÉ PROFES MÁIS MOLONES  TEMOS!!
 A QUE SI??






























E como non podía ser doutro xeito @s ne@s do noso cole tamén se puxeron ON FIRE!!..co Día do Libro.
CHIC@S SODES @S MELLORES!!💪 💪 💪 💪


E mirade que marcapáxinas máis orixinais ...

Este é o do profe Roberto...qué bonito coloreaches o Arco da Vella!!
Buff!! A que vos quedáchedes abraiados con con tanto arte!!!
GRACIAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN, IMOS FACER QUE ESTE DÍA DO LIBRO QUEDE MARCADO NA NOSA MEMORIA PARA SEMPRE🎆🎇🎉🎊
Un biquiño para tod@s e moito ánimo.Xa queda menos para a volta

miércoles, 22 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA...LENDO!!!

🍭🍭🍭Ola familias, cómo vai indo o día??🍭🍭🍭

📌Eu hoxe tiven un día especial, porque estiven falando por videoconferencia cos meus compis profes do cole...e non sabedes a alegría que me deu volver a velos!!!
Como agora non podemos saír da casa temos que buscar a maneira de seguir en contacto e estámonos a convertir todos en uns auténticos profesionais das novas tecnoloxías...que si videoconferencias, que si correos electrónicos , que si videos, que si aula virtual, que si blogue, que si páxina web...💻 📠 📺 📶📷🔌 
Dios mío!!! Tivémonos que poñer ao día de vez!!!  
Pero bueno, esperemos que sexa por pouco tempo porque a nós o que máis nos gusta é traballar directamente c@s nos@s nen@s e non con tanta máquina polo medio.
Imos pensar que xa queda pouco..
💫 Moito ánimo a tod@s!!!  💫

Como xa sabedes estes días estamos celebrando o DÍA DO LIBRO e hoxe quero compartir con vós unha foto na que aparezo eu co libro que estou lendo agora... facendo así a miña pequena homenaxe a este día.
Aí vai...

UMMM!!! QUÉ CONCENTRADA ESTOU NA LECTURA!!!
Pero ademáis diso quero ensinaros o "MARCA- CORONA- PÁXINAS DA PROFE PATRI ★" que me enviou onte para compartir con todos nós.
🌟🌠🌈MIRADE QUÉ CHULI LLE QUEDOU!!! 😍 😍 😍 😍
💕 💕 💕 NOS ENCANTA PATRI!!! 💕 💕 💕
Qué marcapáxinas máis bonito e QUE GUAPA SAES NA FOTO!!!
🎇🎇Gracias compi!!!
Bueno chic@s, espero que vos animedes a seguir enviando as vosas creaccións... Estouvos esperando!!!
O meu correo electrónico é:
terelangara@gmail.com
Un biquiño.

martes, 21 de abril de 2020

AS MIÑAS LECTURAS FAVORITAS

🐾🐾Alá vai outro día!!!🐾🐾
🍃🍃Qué ganas temos de saír da casa libremente🍃, ver á nosa familia , ós nosos amigos e amigas, aos nosos compis do cole... Creo que este confinamento axudounos moito a reflexionar sobre o afortunad@s que somos e a valorar todas aquelas cousas das que disfrutamos pero ás que non lle damos a importancia que merecen.
Pero como aínda a cousa vai para un ratiño 🕓 máis, seguiremos buscando maneiras para pasar o rato do xeito máis agradable posible.
Xa vos dixen onte que este mes ( en concreto este próximo xoves ) celébrase o Día do Libro e para ir quentando motores traio dúas lecturas que a min me gustan moitíííííísimo. 😍

Mirade....

                                                                       A VACA QUE PUXO UN OVO

LA VACA QUE SE SUBIÓ A UN ÁRBOL

Siiii, xa o sei!!!   Os dous contos teñen como protagonistas DÚAS VACAS...pero é que a vaca é o meu animal preferido ( xunto coa miña cadeliña ), aínda que non sei por qué,  pero é ver unha vaca e me me quedo embobada mirando para ela...CANDO SEA MAIOR QUERO TER UNHA VACA!!!🐮🐮🐮🐮

Bueno, pois eso, que as dúas protagonistas dos contos queren facer cousas diferentes ás que fan os demáis, e por iso se ríen delas.
Quero que escoitedes os contos e me digades qué opinión tedes do que ocorre en cada un e que vos quededes coa idea de que O DIFERENTE NON É MALO SENÓN QUE É SIMPLEMENTE DIFERENTE.
Xa me diredes que vos parecen estes contos e de paso me podedes contar cal é o voso animal favorito e por que.
Recordade que podedes estar en contacto comigo a través do meu correo: terelangara@gmail.com.
Espero os vosos correos!!!
Ata mañá amig@s!!! 💋 💋

lunes, 20 de abril de 2020

CELEBRANDO O DÍA DO CORONA - LIBRO!!!

📚 📚 Moi boas familias!!! 📚 📚
Cómo vai o noso día número 38 de confinamento??? Espero que ben coma sempre.
Levamos un par de días escoitando nas noticias que isto vai a mellor, pero con cautela claro.Xa empezamos a ver a luz ao final do túnel aínda que sexa de moi lonxe e iso parece que nos da un pequeno pulo para seguir nesta loita sen desanimarse. 
Vamos, que xa queda menos!!!
                         🌸🌸🌸🌸🌸🌸
Hoxe quero sumarme desde o Equipo de Dinamización Lingüística ( do que son coordinadora ) a un reto de actividade que nos propoñen desde o Equipo de Biblioteca do noso cole.Ese reto consiste en facer un marcapáxinas coa temática do coronavirus para celebrar que este mes de abril é o mes do libro e para recordarnos que esta situación podemos aproveitala para facer todo aquilo que antes non tiñamos tempo de facer...como é o caso da lectura.📓
En primeiro lugar vouvos ensinar o marcapáxinas que fixen eu e despois vouvos deixar un modelo por si o queredes imprimir e decorar nas vosas casas.

Este é o meu...
E este é o que fixen por si o queredes imprimir e decorar. O espacio que deixei no medio é para facer un debuxo de vosoutros mesmos ou do voso libro ou conto favorito.A ver se vos gusta...
Tanto si queredes facer este marcapáxinas como si queredes facer a vosa propia creación e os queredes compartir con tod@s nós, podedes facelo a través do correo da biblioteca  ou a traves do meu propio e encargarémonos de subir os vosos traballos á web do cole.

ANIMÁDEVOS!!! estamos desexando ver  como quedan.
Este é o correo da nosa biblio:
leosaurus6@gmail.com
E este é o meu:
terelangara@gmail.com
Espero que vos guste a actividade e un biquiño para tod@s.
🍂🍂Tere🍂🍂

viernes, 17 de abril de 2020

DISCRIMINACIÓN VISUAL

👀 👀 Qué tal familias, cómo vai iso??? 👀 👀

Xa sabedes que hoxe é o día 35 que estamos na casa🏠 desde o último día de cole...
MAMAÍÑA, 35 DÍAS XA!!!  
O único que se me ocorre dicir é que PACIENCIA, porque polo menos aínda quedan 15 días máis e logo xa se verá.Está de máis dicir que botamos moito de menos volver ao cole,e eu a primeira, máis temos que seguir así para poder volver despois con tódalas garantías.
Así que moito ánimo para tod@s e pensade que cada vez queda menos.
Hoxe ocurríuseme que vos vou deixar no blogue uns traballiños de discriminación visual por si queredes pasar o tempo coloreando ao tempo que pensamos un pouquiño e traballamos a percepción visual.
A ver qué vos parece...
Espero que vos resulten útiles para pasar un ratiño entretid@s...xa me contaredes.
Ahh!!! Si tedes algún problema en descargalos desde o blogue poñédevos en contacto comigo no meu correo electrónico e vos mando as fichas nun DOCUMENTO DE WORD.
Lembrade que o meu correo é:
terelangara@gmail.com
Xa me diredes chic@s!!!
🍃 Bo fin de  semana e un biquiño. 🍃 

miércoles, 15 de abril de 2020

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

🐥🐥 COCORICO!!! 🐥🐥

Ola outra vez meus chiquitines!!! 
Hoxe estiven pensando nos contos que líamos no cole e do moito que nos gustaba o momento do día no que nos tocaba descubrir aventuras a través da lectura...
😏😏Ai!!! Que recordos tan bonitos!!!😏😏

Ben pois hoxe acordeime dun dos contos que máis,máis, máis nos gustan....COCORICO!!! Siiii!!
O pitiño que vive coa súa nai nun galiñeiro cerca dunha fraga e que continuamente está descubrindo e aprendendo cousas xunto coa súa panda de amigos.

Escollín o conto de  "CIGU " para que o vexades xunto cos vosos maiores porque sei que este capítulo vos vai a gustar moito. Logo de velo, falade entre vós de por que se enfada  Cocorico con Mamá Galiña e cómo se resolve o enfado ao final do mesmo.
Me encanta Cocorico porque nos seus contos sempre se traballan valores como a amizade, o respecto, a empatía... pero o que máis me gusta destes contos é que SON EN GALEGO!!!
A QUE É XENIAL????

  Déixovos tamén un debuxo de COCORICO por si o queredes imprimir e colorear...
A ver si vos gusta!!!
Recordade que se vos apetece me podedes mandar os vosos debuxos ao meu correo electrónico e eu me encargarei de subilos no meu blogue.
Espero que disfrutedes moito das actividades e xa me contaredes...
Un biquiño amig@s!!!🌟

martes, 14 de abril de 2020

COMO NOS GUSTA A PRIMAVERA!!!

🌹🌹🌻🌻 Ola amiguiñ@s!!! 🌻🌻🌹🌹

Cómo estades hoxe???
Espero que despois destes días de descanso sigades tod@s ben, e iso é o importante  xa que por agora seguimos confinados na casa e aínda que xa cansa un pouco, temos que pensar que vamos no bo camiño e que xa queda menos para volver á nosa rutina.
ÁNIMO PARA TOD@S!!!
Hoxe fai un día fantástico de 🌼primavera🌼 e aínda que moitos de nós vivimos nun piso e non o podemos disfrutar como nos gustaría, pensei que sería boa idea facer uns debuxiños para poñer por casa e así encher todo de cores (aínda que seguro que xa tedes todo supermegadecorado con debuxos de todo tipo porque 32 días na casa dan para moita creatividade artística ).😅😅😅
Bueno, pois aquí vos deixo unhas fichiñas de primavera para colorear e de paso traballar un pouquiño as letras😉

A VER QUE VOS PARECEN...

Espero que as disfrutedes moito e si me queredes mandar unha foto de cómo vos quedaron para compartir no meu blogue...POIS MELLOR!!!

Recordade que o meu correo electrónico é :
terelangara@gmail.com

Mañá máis chic@s!!!
😍 Un biquiño enorme 😍