Vistas de página en total

viernes, 2 de abril de 2021

E PARA REMATAR O SEGUNDO TRIMESTRE...

 Boa tarde a tod@s!!!🍎🍎🍎🍎

Xa rematamos o segundo trimestre e  estamos collendo pulo para enfilar o fin de curso...Ai, qué rápido  pasa o tempo, parece que aínda foi onte cando chegamos ao cole!!!

📌Hoxe vouvos compartir unhas fotos do que fixemos nestes últimos días do trimestre e para empezar quero ensinarvos  unha pequena mostra de cómo traballamos cada día coas letras do noso nome, contamos o número de letras do mesmo e traballamos o esquema corporal 🚶🚶.A ver qué vos parece...






Cada día que nos toca ser encargad@s facemos esta tarefa e téñovos que dicir que estamos mellorando moitísimo nos nosos debuxos🎨🎨🎨.Na próxima entrega do blogue xa teremos novas fotos para que vexades a nosa evolución...Estade pendentes!!!👀

📌O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro co visionado dun vídeo infantil sobre a vida da autora e a continuación cun xogo na pizarra dixital onde tiñamos que averiguar datos sobre a súa vida.

Rematamos a celebración bailando a canción🎶 " Eu ben vin estar o moucho"🎶 feita a partir dun poema de Rosalía.




📌 E aproveitando a importancia desta autora na cultura galega, este ano o Día da Muller (8 de marzo) axudamos a facer con todo o cole un mural que baixo o lema " Rosalía a nosa Matilda"  serviunos para  reflexionar sobre o traballo de moitas mulleres que en innumerables ocasións non recibiron o lugar que merecían.
📌Xa para rematar déixovos unhas fotos do noso proxecto sobre "OS DINOSAURIOS" que tanto nos gustou facer ao longo deste trimestre...CÁNTO APRENDIMOS E CÓMO O DESFRUTAMOS!!!
















🌈Ata a próxima familias!!!🌈

3 comentarios:

  1. Molan os autorretratos...e bueno, xa teñen para facer un documental de dinos!! Gracias, Tere!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polas fotos Tere. Encántanos poder ver canto aprenden e o ben que o pasan na clase!

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas Tere! Canto traballades!!! Molan moito todas as fotos!

    ResponderEliminar