Vistas de página en total

sábado, 30 de octubre de 2021

ARGALLANDO

🍁🍄Cómo vai iso familias?🍄🍁

 Hoxe quero compartir con vós unhas fotos deste último mes no cole que, como saberedes,  estivo cheo de actividades...Uff, que atarefados estivemos!! 📎📏📓✏

Comezamos pola carreira de obstáculos ENKI a favor das persoas con diversidade funcional...qué ben que o pasamos e enriba por unha boa causa.🏃🏃🏃🏃

























Para celebrar o 👻SAMAÍN👻 fixemos un mural xigante que serviu para decorar a Exposición de Cabazas que coma cada ano se monta no recibidor do noso cole.

 Mirade qué bonito quedou..











Se vos fixades nas fotos poderedes ver que toda a producción de debuxos de cabazas, pantasmas, arañas, letras do mural, lúa, bruxa...son creaccións nosas. 🎨 🎨 🎨 🎨

Esforzámonos moito para que todo quedase moi chuli e deunos moito traballiño 😏😏 

Por certo, as cabazas quedaron fantásticas. Parabéns a tod@s!!

Durante esta semana tamén tivemos un "CONTACONTOS DE MEDO" na biblio do noso cole.  

O xoves a profe Fani, que nos seus ratos libres traballa de bruxa,  veu montada na súa vasoira e leunos o conto de O Papón... Vaia sorpresa levamos!! ✨✨

O conto gustounos moitísimo pero o mellor foi saber que temos unha bruxiña no cole e non sabíamos nada!! 😂😂😂😂












Nesta semana tamén nos deu tempo a facer unhas "PANTASMA-COROAS" que levamos para a casa como recordo destes días de celebración...





O venres foi o día grande do MAGOSTO e SAMAÍN e o celebramos por todo o alto. Viñemos disfrazados, participamos nos xogos " Morro...da risa co Samaín", bailamos...



























Ai, que recordos máis bonitos nos levamos!!! 😍 😍 😍 😍

5 comentarios: