Vistas de página en total

viernes, 19 de junio de 2020

FELIZ VERÁN RAPACES!!!

Hoxe é o noso último día de📏 curso 📐 ...Este curso que resultou  tan especial pola situación tan extraordinaria que nos tocou vivir e que esperemos non se repita NUNCA MÁIS!!!
Pola miña parte teño que dicir que foi un pracer compartir este ano académico con tod@s vós tanto cando estivemos no cole coma cando nos mandaron para a casa e seguimos en contacto virtualmente. 📶 📺 🔌
Xa sei que o dixen máis veces e non quero resultar cansina, máis volvo repetir que a nós o que nos gusta é estar xuntos e fedellar nas nosas cousas, sin tanta tecnoloxía de por medio.
Así que non imos permitir que isto volva a repetirse rapaces!!!
📌Imos aproveitar o tempo do verán para irnos acostumando á " NOVA NORMALIDADE "  e así cando voltemos en setembro vai ser máis doado adaptarse ás novas normas de distancia social, lavado de mans, sen compartir obxectos, xoguetes...A ver, ao principio igual vainos parecer raro pero seguro que entre tod@s conseguimos que isto funcione e así non nos teñen que confinar outra vez.
SEGUINDO ESTES PEQUENOS CONSELLOS E NORMAS SEGURO QUE TODO VAI SAÍR BEN!!
📍Non  quero rematar esta despedida virtual  sen darvos  as grazas polo esforzo e o traballo levado a cabo nas vosas casas, sei que en moitas ocasións  non foi doado pero tanto os nais e pais coma  @s nos@s nen@s portáronse como uns campións capeando o temporal como nunca houbesemos pensado.🔝🔝🔝🔝
Sodes os mellores e síntome moi orgullosa de tod@s vós!!
Felices vacacións amiguiñ@s!!!
Vémonos moi pronto!!!💋💋

miércoles, 17 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

🚄Aquí estou outro día rapazada!!! 🚃 🚃 🚃 🚃
Sabíades que o sábado xa comeza o 👙verán👙?? 📣BIENNNNN!!!!📣
Quen o diría con estes días de choiva, verdade? Pero bueno, como vimos estes días atrás,  a auga é moi importante para que teñamos esa Natureza tan espectacular que temos, así que non pasa nada porque podemos ocupar o día facendo moitísimas outras cousas, así que..AO MAL TEMPO BOA CARA!!! 😏
📌Hoxe quero compartir con vós unhas recomendacións de actividades para facer no ☀☀verán☀☀ que atopei buceando pola rede e que me pareceron súper interesantes, MIRADE...👀

A que son unhas ideas moi chulis??
A ver, de todas formas son recomendacións, non fai falta agobiarse e facer todo iso...tamén hai tempo para descansar e coller forzas para o curso que vén...QUE ISO TAMÉN É MOI IMPORTANTE!!!
🌟🌟Un bico e unha aperta chic@s!!!🌟🌟

martes, 16 de junio de 2020

SEMENTANDO - CAPÍTULO FINAL

🌺🌺Boa tarde amiguiñ@s!!!🌺🌺
Día 95 na🏠casa🏠 e activando a conta atrás para o remate do curso...Alá vai este trimestre no que non puidemos facer celebracións coma tódolos anos, no que non puidemos abrazarnos e bicarnos para despedirnos, no que non puidemos disfrutar dos días deSolno parque do cole...Ai, cantas cousas nos quitou este confinamento!!
Pero bueno, si algo bo trouxo foi as ganas que lle imos botar o ano que ven a todo o que nos poñan por diante.Crucemos os dedos para que en setembro voltemos á normalidade!!!
📌Hoxe vos traio unhas 📷fotos📷 das miñas OVO-PLANTAS, as últimas fotos que vos vou ensinar de cómo van crecendo MANOLO🌾 E MARUXA🌾( que por certo, eses son os seus nomes ).
 Teño que dicirvos que notei unha gran diferencia entre o crecemento de Manolo e o de Maruxa, fixádevos...
Manolo é o da dereita e Maruxa é a da esquerda e se mirades ben vos daredes de conta que Manolo ten moito menos pelo e é máis curto que o de Maruxa..E NON SEI POR QUÉ!!
Coido dos dous de igual maneira pero teñen un crecemento diferente...COUSAS DA NATUREZA!!!
🎉🎉Ánimo Manolo, ti podes!!!🎉🎉
Esta foto é de hoxe, aquí Manolo e Maruxa están comigo mentres que eu escribo isto no blogue. Non se separan de min!!! 😂 😂
E esta foto é de onte...Por certo,  Manolo e Maruxa son moi fans de " A GUERRA DAS GALAXIAS ". Xa se lles ve, verdade?
Gústame moito ver medrar ás miñas OVO-PLANTAS e nuns días seguro que xa teñen máis pelo na cabeza porque algunhas das sementes aínda están a brotar agora.
Qué actividade máis chula!!
☺☺Ata pronto chic@s!!☺☺

lunes, 15 de junio de 2020

ENTRAMOS NA RECTA FINAL

🍓🍓Moi boas a todos e todas!!!🍓🍓
Xa estamos na última semana de curso chic@s e imos ter que ir pensando en despedirnos...máis bueno,  non adiantemos acontecementos, que aínda queda esta semana para estar en contacto e seguir propoñéndovos cousas.
📌Así pois, hoxe vouvos deixar uns cadernos de actividades  moi entretidas por si as queredes facer durante estes días ou nas vacacións de verán, como máis vos apeteza...


📎📎No primeiro caderno atoparedes actividades de lóxica matemática, grafomotricidade e debuxos para colorear e no segundo caderno atoparedes tódalas letras do abecedario en maiúsculas,en  minúsculas e debuxos de animais, persoas e obxectos que comezan por cada unha desas letras.
❗❗Neste segundo caderno fixádevos ben nas ordes que vos dan para seguir ben a direccionalidade das grafías, NON VALE FACELAS DE CALQUER XEITO!!!
Espero que vos gusten rapaces!!!
Xa me diredes!!
☆☆Unha aperta e un bico virtual!!!☆☆.

viernes, 12 de junio de 2020

OS TRES PORQUIÑOS

🎡🎡Vaia, xa estamos no venres!!!🎡🎡
Cómo pasa o tempo, verdade???
Xa sabedes que agora só nos queda unha semana para rematar o curso, e teño que dicirvos que aínda que este trimestre non puidemos estar xuntos como nos houbese gustado, tamén disfrutei  moito estando en contacto con vós a través deste blogue...Espero que vós o desfrutárades o mesmo ca min.
📌Hoxe vouvos propoñer ver un conto clásico que sempre ten moito éxito nas aulas de Educación Infantil,  e a min persoalmente tamén me gusta moito.
O conto é OS TRES PORQUIÑOS,mirade...🐷 🐷 🐷

Unha vez visto o conto podedes comentar cos vosos maiores os valores de ESFORZO, SOLIDARIDADE e COOPERACIÓN que nel se tratan e cómo aparecen reflexados no conto.Despois sacade as vosas propias conclusións sobre o comportamento de cada porquiño.
📎📎E si despois vos apetece, déixovos aquí uns traballiños relacionados co conto que obtiven de edufichas.com...








🐽🐽Espero que vos gusten...🐽🐽
🐺🐺Bo finde rapazada!!!🐺🐺

jueves, 11 de junio de 2020

SEMENTANDO PARTE-3

🌿🌿Ola amiguiñ@s!!!🌿🌿
Cómo vai este xoves??
📌Hoxe quero compartir con vós o crecemento das miñas OVO-PLANTAS.Acordádesvos de cando sementei unhas lentellas dentro dunha casca de ovo e vos dixen que vos iría ensinando cómo van medrando?
Pois a verdade é que están medrando moi ben, estou moi orgullosa das miñas plantiñas. Si ben é certo que cada día as poño ao Sol, de cada tres ou catro días lles fumigo un pouquiño de auga e tamén falo con elas porque dis que lles gusta...AINDA QUE NUNCA ME CONTESTAN!!! 😂 😂 😂 😂
Mirade que ben lles vai...

Se vos fixades un pouco na foto de abaixo veredes como algunhas aínda están empezando a xermolar e outras xa van enormes.A qué é XENIAL???
Agora déixovos unha ficha sobre o que necesitan as plantas para medrar,  por si queredes facela  e a comentades cos vosos maiores.
🔔Por certo, se aínda non fixéchedes a vosa propia OVO-PLANTA, animádevos porque é súper divertido!!!
🏁 🏁 Ata pronto chic@s!! 🏁 🏁

martes, 9 de junio de 2020

IMOS PASAR O RATO

🏡 🏡 🏡 🏡 🏡 🏡 🏡 🏡 🏡 🏡 🏡 🏡 🏡 🏡 🏡 🏡
Facía tempo que non contaba os días que levamos na casa sin poder ir ao cole, e hoxe volvín facer a conta....88 DÍAS LEVAMOS XA!!! 📅
Quen ía a pensar o día que se decretou o Estado de Alarma que isto ía a durar tanto tempo,VERDADE?
Aínda que sempre estivemos en contacto de maneira 🔌virtual, o que máis nos gusta a nós é estar xuntos e compartir experiencias e ilusións cada día...Seguro que cando voltemos en setembro o faremos con moitísimas ganas e valorando moito máis todos eses momentos que só se poden vivir no cole. 🏫 📐 📏 📎
📌Como para estes días creo que non dan moi bo tempo,  ocurríuseme que vos vou deixar uns traballiños por si queredes pasar un rato entretido.
ESPERO QUE VOS GUSTEN!!!



Xa me diredes se vos gustaron.😉
🌟🌟Un biquiño e unha aperta xigantes!!!🌟🌟

lunes, 8 de junio de 2020

HOXE LLES TOCA AOS OCÉANOS

🐙🐙Ola familias, qué tal estamos?🐙🐙
Cómo vai o cambio de fase?
Mamaíña, xa na FASE 3 e con moi boas noticias sobre a evolución do CORONAVIRUS.
Alégrame moito escoitar cada día como imos vencendo a " O BICHIÑO " e como cada vez podemos ir facendo máis cousas. Máis xa sabedes que isto o puidemos conseguir porque estamos a facer moi ben os deberes que nos mandan e non podemos baixar a garda, acordádevos do importante que son as DISTANCIAS DE SEGURIDADE E O LAVADO DE MANS!!!
Non podemos permitir volver a vivir unha situación coma a vivida nestes últimos meses, asi que non desanimedes e seguide asi.SODES UNS CAMPIÓNS!!!
📎📎Hoxe é o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS, e non quero ser pesada pero volvo a repetir o mesmo de sempre...O día dos Océanos son tódolos días do ano!!! 🌊 🌊 🌊 🌊

📌Sabíades que o FITOPLACTON ( organismos vexetais microscópicos dos que se alimentan moitos seres vivos e que se atopan nos mares ) é o encargado de aportar máis da metade do osíxeno á atmósfera...Ese osíxeno que nós necesitamos para respirar e vivir!!!
Ademáis tamén axuda a regular o calentamento global (tamén chamado Efecto Invernadero ) porque absorve o dióxido de carbono que producimos os humanos...E dicir, sen o 🐡 GRAN AZUL 🐡a vida na Terra ten os días contados...TERRIBLE, VERDADE??
📌Pois ben, feita esta reflexión se me ocorre que nós tamén podemos facer algo para evitalo e por iso vos propoño a seguinte tarefa :

  • Cada vez que vaiamos á praia este verán poderemos levar unha bolsa de plástico para meter non só os restos dos nosos residuos, senón que tamén podemos aproveitar para meter plásticos, botellas, envases, etc que atopemos tirados no areal...todo isto coa supervisión dos vosos maiores, claro esta!!  🍶🍶                     

Se cada un de nós facemos isto cada vez que que imos a pasar o día á praia, en pouco tempo veremos os resultados das nosas accións.Veña, imos a axudar a que o noso planeta non se enferme!!!
📌Agora propóñovos que vexades esta curta sobre a presencia dos plásticos no mar e que despois de vela reflexionedes sobre o triste que poden ser os primeiros días de vida dos bebés animais cando o único que lles rodea son plásticos...🐥 🐧 🐢 🐬
❗❗Sabíades que si non tomamos medidas sobre o coidado dos nosos mares e océanos no ano 2050 haberá neles máis plásticos que peixes???
Non o podemos permitir rapaces!!! 
🌏🌏Xuntos o imos conseguir!!🌏🌏

viernes, 5 de junio de 2020

COIDANDO O PLANETA

🌟🌟5 de xuño, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.🌟🌟
Aínda que bueno, este día deberíamos celebralo tódolos días do ano porque a 🌈Terra🌈 é a nosa casa e a casa de moitísimos máis seres vivos e si non nos encargamos de coidala e respectala, pois claro,  ao final acabaremos con ela.
Estes días que estivemos confinados na casa estivemos escoitando nos medios de comunicación que a 🌏Terra🌏 estaba tomándose un respiro gracias a que non había coches circulando, nin fábricas contaminando, nin xente ensuciando os espazos...parece incríble pero foi asi.
Agora que xa volvemos á normalidade e tivemos moito tempo para reflexionar, teño a esperanza de que tomásemos conciencia da importancia de coidar o planeta para que nos dure moitisisimos anos e que nos siga ofrecendo esos espacios marabillosos dos que tanto nos gusta disfrutar pero que teñen data de caducidade si non nos ocupamos deles.
❕❕⚠Aquí os maiores temos unha misión moi importante : TRANSMITIRLLES @S NOS@S PEQUEN@S A IMPORTANCIA DE  COIDAR  AO PLANETA E FACELO A TRAVÉS DO NOSO EXEMPLO.
Ocúrreseme que podemos empezar por pequenos xestos como seguir a regra dos TRES ERRES:REDUCIR , REUTILIZAR E RECICLAR.
📍Fixádevos no debuxo ( si queredes o podedes imprimir, colorear e poñer nun lugar visible na casa e así nos recorda qué cousas podemos facer na casa para coidar a saúde do noso planeta )
📍Agora fixádevos nestes tres contedores e coa axuda dos vosos maiores identificade o color e o que temos que meter dentro de cada un.
📍Xa sabedes que residuos hai que meter en cada contedor? Pois agora si queredes podedes intentar facer esta actividade...
✔✔Recordade que con estas pequenas accións podemos contribuír os coidado do medio ambiente.XA VEREDES COMO DE AQUÍ A UNS ANOS O PLANETA O VAI A AGRADECER!!!
🌌Bo finde familias!!🌌

jueves, 4 de junio de 2020

SEMENTANDO - PARTE 2

🐝🐝Ola familias, qué tal estamos hoxe?🐝🐝
Disfrutando destes días de primavera?
📌Hoxe vouvos ensinar as📷fotos📷 de cómo fixen a  miña plantación de legumes.
Teño que dicirvos que por ahora non vin ningún resultado no crecemento das sementes, pero tódolos días as poño ao Sol e lles falo un pouquiño para que se animen a medrar.ESTOU IMPACIENTE POR VELAS XERMOLAR!!!
📍Primeiro vaciei os ovos ( cos que fixen unha tortilla francesa ) e os limpei ben debaixo da auga...
📍A continuación a miña filla lle debuxou unha cara a cada unha das cascas...Mirade qué bonitas lle quedaron. ✏ ✏
📍Buscámoslles unha 🏡casiña🏡 para que se acomodaran e non caesen ao chan.
📍Collimos dúas bolas de algodón do tamaño dos ovos (hai que ter en conta que cando se mollan encollen un pouco).

📍E por último botámoslle por riba as sementes (escollimos lentellas para a ocasión).
📍E agora nos toca ser pacientes e ...A ESPERAR!!!
Cómo xa vos dixen antes estou moi pendiente do seu crecemento , procuro que lles dea oSol e cando me parece que están un pouco sequiñas,  lles chiringo unha pouca de auga ( moi pouquiña, non vaia a ser que morran afogadas )
Ao longo destes días xa vos irei ensinando cómo van medrando día a día e se van facendo unhas plantas fermosas.Estade pendientes!!!
🎡🎡Un biquiño para tod@s!!!🎡🎡

martes, 2 de junio de 2020

A TOUPIÑA!!!

Qué tal amigos? Cómo vai indo este primeiro martes de xuño?
💫💫Seguro que xenial!!!💫💫
📌Hoxe ocurríuseme que podemos ver un conto, pero non calquer conto!!
Imos ver o conto que tanto nos gusta ler no cole de " A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA"..Acordádesvos do rato tan divertido que pasamos cando lemos ese conto?
Cantas risas botamos lendoo, verdade?? 😂😂😂😂
Gustaríame moitísimo ser eu quen volo lera en persoa, pero como non pode ser o vou a apuntar na lista de tarefas pendentes para cando voltemos á escola...VALE?? 📓

📎📎Ademáis vouvos deixar uns debuxos con algunha tarefa sobre o conto, por si despois de leelo vos apetece colorear e pensar un pouquiño.Animádevos!!


Espero que o disfrutedes na casa tanto coma no cole!!
🐭🐭Feliz día rapaces!!!🐭🐭

lunes, 1 de junio de 2020

XA ESTAMOS EN XUÑO!!

Día 80 📅 do noso confinamento e...XA CHEGOU O MES DE XUÑO!!!
Comeza a conta atrás para rematar o curso, este curso tan raruno que nos tocou vivir e que esperamos que non se teña que repetir.
Si algo aprendimos destes últimos meses é que botamos moito de menos estar xunt@s e que isto de comunicarse a través da🔌rede🔌 non nos gusta tanto coma cando estamos no cole...Pero bueno, crucémolos dedos para que o curso que ven voltemos á normalidade.
Aproveito isto para recordarvos que non baixedes a garda en canto ao CORONAVIRUS; as novas que nos chegan son moi positivas máis temos que seguir tomando medidas de precaución.📣ÁNIMO AMIG@S!!!📣
📌Como o venres pasado vos animei a plantar legumes na casa, hoxe quero que vexades cómo vai a ser o crecemento das nosas plantas a través dun conto onde nos explican cómo vai medrando a semente e de onde saen esas sementes...SUPER INTERESANTE, VERDADE?🌿🌿🌿🌿
A ver que vos parece...


📎📎A continuación déixovos unha ficha para que despois de ver o vídeo fagades a secuencia do ciclo da vida das plantas...por si vos apetece!!!
👣Ao longo destes días ireivos ensinando a evolución dos legumes que eu plantei na casa...NON VOLO PERDADES!!! 👀 👀
Por certo, lémborvos o meu correo electrónico por si en algún momento vos queredes poñer en contacto comigo:
📩 terelangara@gmail.com 📩
🍅🍅Unha aperta enoooorrrrrmeeeee!!!🍅🍅