Vistas de página en total

lunes, 15 de febrero de 2021

E AQUÍ SEGUIMOS!!!

 Bo día familias!!!  🏫

Hoxe vouvos deixar unha nova entrega de fotos do noso día a día na aula. 📷📷

Espero que vos gusten e que as desfrutedes do mesmo xeito que o disfrutamos nós tódolos días.

📌Así pois, para empezar déixovos unhas instantáneas de cando traballamos o "DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ" para o  que fixemos un mural no que participaron tamén o resto d@s nen@s do cole. A nós tocounos facer un virus xigante ao que lle puxemos nós o nome de "Miedoso-Malo" e que simbolizaba as cousas negativas que non nos gustan porque van en contra da PAZ.

O resto do alumnado do centro encargouse de facer unhas xeringas xigantes con mensaxes de PAZ que servirían de vacina contra ese virus. 

Mirade que ben o pasamos...💕💕






 E este foi o resultado final...



Tamén para esta celebración fixemos unhas chapas que levamos para a casa como recordo deste día.🎨





📌De alí a pouco xa nos tivemos que poñer a tope co 🎭ENTROIDO🎭 porque o noso meco MANOLO CARABOLO, ao que lle gusta moito a festa,  deunos ordes para vir cada día disfrazad@s , así que facendo caso ás súas recomendacións o pasamos en grande. 🎊  🎉  🎶  🎆













Tamén quero compartir con vós o bonito que quedou o cole despois de que a profe Lucía o decorara fantásticamente con globoflexia...CÓMO NOS GUSTOU!!!!😍😍





Qué ben o pasamos e que contento quedou Manolo!!!




📌Xa para rematar déixovos unhas fotos do PROXECTO DE TRABALLO  que estamos a facer este trimestre acerca dos dinosaurios, que por certo....NOS ENCANTA!!!










Aproveitamos a semana do Entroido para facer a nosa propia máscara de dinosaurio e mentres averiguamos cómo  a facíamos o pasamos xenial porque aí ocurríusenos de todo...👽👾

A



















E mirade o resultado final...












Os nosos PEQUESAURIOS están para comelos, a que si?💖💖
Xa para rematar quero compartirvos estas fotos súper divertidas  d@s vos@s nen@s poñendo cara de "dinosaurio enfadado" porque imos facer outra manualidade con elas...pero diso xa falaremos na seguinte entrega...





🌟Un saúdo familias e FELIZ ENTROIDO!!!🌟