Vistas de página en total

viernes, 29 de mayo de 2020

SEMENTANDO

🌿🌿Ola chic@s!!!🌿🌿
Cómo vai o día??
Hoxe quérovos propoñer plantar legumes na vosa casa para que observedes e experimentedes directamente cómo é o ciclo de crecemento dunha planta.
📌Para empezar vouvos propoñer facer a plantación en cáscaras de ovos porque me parece un xeito moi divertido e ecolóxico para levar a cabo esta experiencia.
Primeiro necesitaremos facer un furado na parte de arriba do ovo con moito coidado de que non se escache todo, o vaciamos e limpiamos o seu interior.

Podemos decorar a casca do ovo debuxándolle o que queiramos... coma por exemplo, unha cariña.

Despois meteremos dentro un algodón húmido e enriba dese algodón os legumes que queremos ver medrar (lentellas, fabas, garabanzos...) 
❕❕CONSELLO: Non vos pasedes coa auga que lle botedes ao algodón, con que esté húmido xa chega.
Por último colocade as cascas enriba dun tapón ,  hueveira, rolo de papel hixiénico... para que quede dereitiño e poñédeas nun lugar onde lles de o Sol.

Se todo vai ben, enseguida veredes cómo medran. 🌿 🌾 🌿 🌾 
🍄🍄Animádevos a facer o voso propio horto en casiña, xa veredes cómo vos gusta moito ver cómo van medrando as plantas.
Eu tamén penso facelo, e nos próximos días irei compartindo con vós as fotos de cómo me quedaron...ESTADE PENDIENTES!!!
🚀🚀Bo finde familias!!!🚀🚀

jueves, 28 de mayo de 2020

VAIA CALOR!!!

Cómo vamos rapazada??
☀☀Agobiados coa calor??☀☀
Seguro que estades aproveitando estes días para achegarvos á praia e refrescarvos un pouco, ou senón para poñervos á sombriña dunha árbore...Acordádevos que hai que protexerse con crema solar e procurade non estar expostos moito tempo ao Sol porque levamos moitos día metidos na casa...A VER SI NOS VAI SENTAR MAL!!!
Ademáis non esquenzades que aínda temos que tomar precaucións por mor do CORONAVIRUS.Mantede sempre as distancias de seguridade e non compartades os xoguetes con ninguén...xa sei que soa raro non compartir , pero por agora ten que ser así.
ESTAMOS CONSEGUINDO VENCER AO VIRUS E NON QUEREMOS VOLTAS ATRÁS!!!💪 💪
📌Hoxe vos traio un video de un día na praia cos BOLECHAS...Prestade atención á atitude de LOLI cos seus irmáns e despois reflexionade cos maiores sobre a mesma.
Espero que vos guste...
📎📎Tamén vos deixo uns pasatempos nos que se traballa a atención e  vocabulario de diversos animais mariños. 🐙 🐡 🐢 🐬




Espero que vos gusten!!!
🐚🐚Un biquiño virtual amiguiñ@s!!🐚🐚

martes, 26 de mayo de 2020

ESTIMULACIÓN COGNITIVA

👾👾Ola familias!!!👾👾
Cómo vai iso? Disfrutando destes días fabulosos?☀☀☀☀
📎📎Hoxe vouvos propoñer traballar a atención e a memoria , xa que resulta  moi necesario  a estas idades entrenar esta capacidade para poder mellorar os procesos de aprendizaxe e concentración.
✨Espero que vos gusten...



📌Estes recursos o obtiven de edufichas.com onde poderedes atopar multitude de actividades para traballar conceptos, lóxica-matemática,estimulación...Animádevos a botarlle un vistazo, son recursos moi interesantes!!! 🔍 🔍
🍭🍭Unha aperta enorme chic@s!!🍭🍭

lunes, 25 de mayo de 2020

FELIZ CAMBIO DE FASE!!!

Día 73 📅 do noso confinamento e ...CONSEGUIMOS PASAR DE FASE!!! 🎆 🎆 🎆 🎆
Xa sei que é motivo de celebración , pero coidado, non vos relaxedes e seguide a manter as distancias de seguridade e desinfectade continuamente as mans.Esta é a maneira de que vaiamos no bo camiño!!!
📌Como igual hoxe xa aproveitáchedes para ir á praia ou para pasear un montón,  ocurríuseme que vos vou deixar un conto para ler antes de ir durmir...Hoxe seguro que foi un día de moitas emocións e a mellor forma de relaxarnos é lendo ou escoitando un conto. 📖 📖
Aí vai...
PREME NA IMAXE
📎E si despois vos apetece colorear aos TRES OSIÑOS e a RICIÑOS DE OURO, aquí vos deixo este debuxo...
🐻🐻Feliz día para tod@s!!!🐻🐻

viernes, 22 de mayo de 2020

VENRES BAILONGO 2

💫💫Xa vai aló a semana!!!💫💫
E aínda que o día está un pouco tristeiro porque está a chover, pois bueno, xa sabedes...NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA!!! 🌂 🌅 🌂 🌅
Ademáis a auga é boa para que a🌷🍃 primavera 🍃 🌷poida seguir brilando en todo o seu esplendor e se queredes  saír a pasear podedes facelo igual, É CUESTIÓN DE COLLER O PARAUGAS E LISTO!!!
📎📎Hoxe vouvos propoñer facer dúas coreografías.
A primeira é unha canción de Migallas Teatro na que tes que repetir os movementos dos distintos animais que van aperecendo na canción e ademáis podedes seguir a letra porque... ven con KARAOKE!!!!
A canción chámase "DIME QUE FIXECHES",  é super divertida  e ademáis é EN GALEGO!!!

A seguinte coreografía xa é un pouquiño máis movidiña, pero non vos preocupedes porque os movementos son sinxelos e podemos seguilos sen problema. ANIMÁDEVOS A FACELA TOD@S NA CASA E PASADE UN RATO DIVERTIDO!!!

📍Ide ensaiando porque cando voltemos ao cole xa nos encargaremos de facer estes bailes e MOITISISISISISISIMOS MÁIS!!
🍓🍓Bo finde para tod@s !!!🍓🍓

jueves, 21 de mayo de 2020

IMOS CONTAR!!

🔢🔢 Ola chic@s!!!  🔢🔢
Cómo vai este xoves?
Supoño que un pouquiño cansad@s de que aínda non nos deixen facer moitas cousas, máis bueno, creo que o luns si pasamos á seguinte fase xa nos van deixar saír un pouco máis e outro galo nos vai cantar.
Aínda así, RECORDADE : MOITO SENTIDIÑO!!! 😉 😉
📎📎Hoxe vos traio unhas fichas para que contedes e non se nos enferruxe a cabeza porque aínda que estemos na casa e non no cole,  hai que seguir exercitando un pouquiño o miolo para que non se aburra.
Aí volas deixo...





Espero que vos gusten!!!
Xa me diredes. Recordade que si vos queredes poñer en contacto comigo este é o meu correo electrónico:
📩 terelangara@gmail.com 📩
🍍🍍🍍Un biquiño virtual para tod@s!!!🍍🍍🍍

miércoles, 20 de mayo de 2020

OS BOLECHAS E RICARDO CARVALHO CALERO

📅 Hoxe é o día 68 do noso confinamento...Quen nos ía a dicir que íamos a estar tantos días na casa sin poder voltar ao cole, VERDADE? 🎒 🎒 🎒 🎒
 ⌚⌚Cómo pasa o tempo, case vai aló o curso e xa sabemos que non podemos voltar ata setembro porque aínda que as cousas van un pouquiño mellor aínda non é seguro poder xuntarnos tod@s nas aulas. 🏫 🏫
Eu teño a esperanza de que isto vaia a mellor e que o curso que ven podamos recuperar as nosas rutinas...pero esto só se pode lograr si poñemos todos da nosa parte e seguimos as pautas que nos están a marcar.
Non desanimedes, O ESTAMOS A FACER XENIAL!!!
📌Hoxe vos traio un conto de OS BOLECHAS sobre o autor homenaxeado este ano nas LETRAS GALEGAS...RICARDO CARVALHO CALERO.
Xa sabemos que nos encantan Os Bolechas e que coñecemos tódolos membros da familia  Bolechas e por iso desde a REAL ACADEMIA GALEGA queren achegarnos a este autor dun xeito divertido e adaptado á etapa de Educación Infantil.
Espero que vos guste...
🎬 🎬 🎬 Ahh!! e hoxe tamén quero compartir con vós como resultou o experimento que vos propuxen onte " A bolsa irrompible"...Fixádevos como ao final lle puxemos tantos lápices que a bolsa non aguantou... Imaxinádevos cómo quedou a cociña!!!🙈 🙉 🙈 🙉
                              
🐾🐾Feliz mércores rapazada!!!🐾🐾

martes, 19 de mayo de 2020

A EXPERIMENTAR!!! CAPÍTULO 2

🐥🐥Ola familias!!!🐥🐥
Aproveitando este día de calor??? 
...Tede coidado con este Sol e poñédevos á sombriña que é onde mellor se está...e non olvidedes que se andamos paseando por fóra temos que manter as distancias de seguridade co resto da xente e desinfectar continuamente as mans. 
Xa sabemos que estamos a vencer a esta pandemia, MÁIS NON PODEMOS BAIXAR A GARDA!!!
📎Hoxe quero compartir con vós un vídeo que lle fixen ao meu OVO SALTARÍN ...Acordádesvos dese experimento??Pois aquí volo deixo...

🙈 🙈 Buah, que divertido que foi!!! Era un ovo supersaltarín, e digo era porque hoxe aínda o teño comigo na casa pero xa perdeu a súa capacidade de botar....AI, QUE VIDA DE SALTIMBANQUI TAN CURTA!!!
Mirade...

AO OVO O CHAMÁMOLO PIO-PI
Gracias PIO-PI!!! Fumos moi felices xunt@s!!! 👏 👏
Ben, pois hoxe vos traio outro experimento que é moi divertido e moi fácil de facer .AÍ VAI O TITORIAL...

                                              
📌Este experimento tamén me gustou moito, máis tede coidado porque nós na casa lle puxemos lápices de máis e FIXEMOS UNHA PEQUENA DESFEITA!!!...
🎉🎉PERO DIVERTIDO FOI UN RATO!!!🎉🎉
🐞🐞Mañá vos ensino os resultados...estade pendientes!!!🐞🐞

lunes, 18 de mayo de 2020

PRIMAVERA DAS LETRAS

☀☀Mamaíña, vaia día máis caloroso de maio.. PARECE QUE XA ESTAMOS NO VERÁN!!!☀☀
Cómo estamos rapaces e rapazas?Todo ben?
...Seguro que si, xa coa cabeza pensando en poder disfrutar destes fantásticos días libremente...TRANQUILOS, XA QUEDA POUCO !!!   ✌ 
Hoxe vos traio uns recursos fabulosos que a REAL ACADEMIA GALEGA puxo á nosa disposición para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, baixo o lema  " Primavera das Letras "🌻 📖 🌻 📖 🌻 📖 🌻 📖
Xa sei que o dia importante xa foi onte, máis a min me gusta celebrar  durante todo o ano que temos unha lingua propia moi fermosa que herdamos dos nosos avós e dos nosos pais con tanto cariño...E ISO NON SE PODE DEIXAR PERDER!!!
📌Como vos dicía , a REAL ACADEMIA GALEGA  ten moitas actividades para facer sobre a nosa lingua, e eu seleccionei estas dúas ...a ver que vos parece.
PREME NA IMAXE
🌺🌺Aquí poderedes coñecer datos curiosos sobre a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, algunhas das obras da nosa literatura máis importantes e actividades moi chulis.
PREME NA IMAXE

🌺🌺Neste enlace atoparedes ilustracións relacionados coa vida e obra de RICARDO CARVALHO CALERO.
Esperemos que á volta ao cole poidamos aproveitar moito máis todos estes materiais.
📍RECOMENDACIÓNS LECTORAS:
JORGE RODRÍGUEZ VALDÉS proponnos que leamos " La isla del abuelo", porque ten moitas cores.
ASHLEY GARCÍA POUSO invítanos a ler " Mi casa de muñecas" e di que o conto parece unha casiña de verdade.
🎢 🎡 Mañá máis amig@s!!! 🎡 🎢

jueves, 14 de mayo de 2020

MÁIS LETRAS GALEGAS

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á  NOSA UNIDADE DIDÁCTICA
✨✨Cómo vai iso chic@s???✨✨
📎Como podedes ver seguimos a celebrar AS LETRAS GALEGAS 2020  e xa sei que o outro día vos dixen que tiñades o enlace da nosa unidade didáctica na  páxina web do cole...pero por si acaso algún ou algunha se despistou, aquí vos deixo outro acceso. 👀 👀
Teño que dicirvos que este ano a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS vaise  facer o día 📣 31 DE OUTUBRO  📣e daquela esperamos darlle a homenaxe que se merece a Ricardo Carvalho Calero. De tódolos xeitos, podemos ir quentando motores e coñecendo un pouquiño mellor a súa vida que foi moi intensa e interesante.
Hoxe déixovos unha ficha sobre o autor na que aparece unha pequena biografía...se queredes a podedes imprimir e decorar ao voso gusto.😉 😉


























Xa vos comentei onte que tedes todos estes materiais no enderezo do SEMINARIO GALÁN onde tamén tedes actividades en liña moi divertidas. 📡 📡 📡 📡
📍RECOMENDACIÓNS LECTORAS:
MARTÍN ROMERO CARPENTE recomenda que leamos " El Tesoro del Pirata " de Núria Cussó.
PAULA PAZ PAZOS proponvos a lectura  " El libro Inquieto ".
Apuntado rapaces!!!
💜💜Feliz día e unha aperta moi grande para tod@s!!💛💛

miércoles, 13 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS CONFINADAS

A que parece o nome dunha receita de cociña?..🍜🍜🍜🍜
Bromas aparte, cómo estades amigui@s?
Espero que moi ben.A situación xa sabedes que é un incordio pero mentres estemos ben de saúde , pois ao demáis xa lle poñemos nós  boa cara.
📌Hoxe vos traio un conto de Ricardo Carvalho Calero que vai sobre a súa infancia e o feliz que era xunto cos animaliños que tiña na súa casa...Este conto fixérono desde a COORDENADORA DE EQUIPAS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE FERROLTERRA que se implicaron moito este ano na elaboración de materiais sobre o autor ferrolá.
Espero que vos guste... 🐔 🐔 🐔 🐔 🐔 🐔
PREME NA IMAXE
📌E despois de ler este conto, se queredes podedes facer estas dúas fichas que seleccionei para vós dos materiais que elaboran tódolos anos desde o SEMINARIO GALÁN.(pincha enriba das letras para acceder á súa páxina)
📎Gracias por elaborar todos estes materiais compañeir@s!!!  📏 📐
Ao longo destes días irei compartindo con vós máis cousiñas sobre este autor e que son super interesantes.Estade pendientes!!!!
📍RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA HOXE:
TEO PÉREZ LORENZO anímanos a ler "Quidditch a través de los tiempos" onde poderás coñecer as normas dese xogo ao que é tan aficionado Harry Potter.
INÉS GOMIS CASTRO recoméndavos "FROZEN".
Qué suxerencias máis boas chic@s!!!
🎈🎈 Seguimos en contacto!!! 🎈🎈

martes, 12 de mayo de 2020

ESTAS TEÑEN QUE SER AS MELLORES LETRAS GALEGAS!!!

                                  🎆   🎶   🎊   🎶   🎆 
...E digo que teñen que ser as mellores Letras Galegas por dúas razóns.
Primeiro, o autor homenaxeado este ano é Ricardo Carvalho Calero, profesor e filólogo ferrolá que despois de moitos anos , por fin, ía ser homenaxeado nas Letras Galegas 2020.
Teño que dicirvos que desde o primeiro día no que coñecimos a noticia alegrámonos moitísimo no  cole, e supoño que no resto de Ferrol tamén... Non podíamos deixar pasar a oportunidade de darlle a Ricardo Carvalho Calero o sitio que merece na historia do pobo galego e por iso involucrámonos en canta actividade se facía entorno del. 🔝 🔝 🔝 🔝
Así pois,  antes do confinamento deunos tempo a facer uns carteis e unha unidade didáctica sobre a vida e obra do autor que despois pasaron pola edicion da compi Patri Martínez e QUEDARON DE CINE!!! 🎬 🎬 🎬 🎬
Este traballo está á vosa disposición na BARRA LATERAL ESQUERDA DA NOSA PÁXINA WEB!!📶 💻
NON PERDADES A OPORTUNIDADE DE VELOS, son únicos e están feitos con todo o nosos cariño e respecto cara ao autor.
E a segunda razón pola que estas LETRAS GALEGAS teñen que ser as mellores é porque non nos da a gana de que o virus este acabe coa nosa ilusión...COVID-19, QUE SAIBAS QUE NON VAS PODER CO NOSO COLE!!!  💪 💪 
📌Hoxe quero compartir con vós o calendario deste mes que fixeron desde a Escola Infantil de Barrionovo e que leva como protagonista ao autor ferrolá.


💮A QUE ESTÁ XENIAL!!!💮 Podedes empregalo para as rutinas diarias como facíamos no cole.
📍RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO DÍA DE HOXE:
ANDY VÁZQUEZ FREIRE anímavos a ler o libro " Aventura total, el secreto del profesor"
VERA SUÁREZ GÓMEZ recoméndanos a lectura " Cosas que no me gustan de mi"
Fantástico rapaces, tomamos nota!!!
🔜 Ao longo destes días irei compartindo máis contidos e suxerencias sobre RICARDO CARVALHO CALERO...Non o perdades amig@s, vai ser unha aventura xenial!!

lunes, 11 de mayo de 2020

VIVA O MES DE MAIO!!!

Ola rapazada!!! 👾 👾 👾 👾
Vaia martes máis bonito de🍀maio🍀verdade?
Día 60 na casa desde que nos dixeron que non podíamos voltar ao cole...60 DÍAS XA!!! NON MO PODO CRER!!! 👀 👀
Qué difícil resulta estar tantos días separados, non si?Máis teño a esperanza de que sigamos as normas como nos mandan e pronto estemos xuntos outra vez.
 Xa sei que non é fácil, máis con un pouquiño de vontade isto vai ter solución.Ánimo!!💞 💞
Hoxe vos traio unha montaxe coas fotos que mandáchedes dos MAIOS...Vaia por diante que sodes uns campeóns e que faime moi feliz que nestes momentos de distanciamento participedes de canta iniciativa vos propoñemos desde o cole...SODES OS MELLORES e estou moi orgullosa de tod@s!!!
Déixovolo aquí con todo o meu cariño e espero que vos guste...🌾🌿🍁🌷🍂🌹



Ademáis xa sabedes que están moi cerquiña as LETRAS GALEGAe que este ano están adicadas a RICARDO CARVALHO CALERO...así que nos vindeiros días deixareivos cousiñas para que coñezades un pouquiño máis a este autor ferrolán.VAN SER UNHAS LETRAS GALEGAS MOI ESPECIAIS!!! 🏫 🏫
Animádevos a coñecer un pouquiño máis a Ricardo Carvalho Calero e á súa obra, XA VEREDES COMO VOS SORPRENDE!!!
📍RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA HOXE:
IKER GARCÍA LÓPEZ recoméndanos " El libro de la selva" de Rudiyard Kipling.
ABRAHAM ORTEGA LEGAZPI nos invita a ler "Supermercado en Animalandia" de Gloria Fuertes.
Gracias amigos polas vosas suxerencias, quedan apuntadas!!
Xa sabedes que vos podedes comunicar comigo no meu correo :
📩 📩 terelangara@gmail.com 📩 📩
Un biquiño 💋 💋

viernes, 8 de mayo de 2020

VENRES BAILONGO

💫💫Ola meus pequen@s amig@s!!!💫💫
Cómo vai este venres? Xa nos pide festa de fin de semana o corpo???💃💃💃💃
Xa sei que moita, moita festa non pode ser porque este confinamento non nos deixa saír moito...máis non pasa nada, xa montamos nós a berbena na casa, QUE TAMÉN É MOI DIVERTIDO!!!
Por iso, hoxe vouvos deixar un vídeo que atopei e que me gustou moito para para bailar e menear un pouco o corpo... 🎶🎶QUE NOS ESTAMOS QUEDANDO AGARROTADOS!!!🎶🎶
📍Ahh, por certo,  xa fixen o experimento que vos prouxen onte e agora estou agardando aos resultados...A VER SI FUNCIONA!!!
Mirade...

            
😉Xa vos ensinarei o resultado final😉
Agora sí que vos deixo o vídeo que atopei para que bailedes...ANIMÁDEVOS!!!
💖Feliz fin de semana e un biquiño moi,moi,moi,moi grande!!!💖

jueves, 7 de mayo de 2020

A EXPERIMENTAR!!!

Vaia día máis solleiro de maio, VERDADE??
Que pena que non o poidamos desfrutar coma nos gustaría, máis non desanimedes que NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA!!! 🌂  🌈 🌂 🌈
Hoxe tráiovos un experimento que se chama O OVO SALTARÍN e que o podedes facer fácilmente na 🏠casa🏠 porque de seguro que todos contades cos materias que fan falta.Hai que ter un bote de cristal, un ovo e vinagre...ISO O TEMOS TOD@S!!
📎📎Mirade este vídeo e xa veredes que fácil e que ratiño máis agradable pasades mentres o facedes...

Eu tamén o penso facer e cando o teña volo ensino!!!
📌A RECOMENDACIÓN LECTORA DE HOXE:
DIEGO GARCÍA PEDRE de 3º de E.P. aconséllanos que leamos o libro"Mini Timmy de gira" de Tim Cahill e que lle encanta porque é de fútbol.
MATEO FARALDO FERNÁNDEZ ( 3anos) dinos que si queremos pasar un anaquiño de tempo entretido temos que ler o conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza "🐹🐹🐹🐹
Gracias rapaces polas vosas recomendacións, QUEDAN APUNTADAS!!!
                 💮        💮         💮        💮

martes, 5 de mayo de 2020

RECURSO TIC PARA EUCACIÓN INFANTIL

Día 53 de confinamento...Cómo vamos amig@s?
Espero que moi ben. Seguro que xa estades aproveitando estas fabulosas tardes de🌷primavera🌷 para dar unha voltiña e tomar un pouco de aire...FANTÁSTICO!!!
Non olvidedes que aínda temos que ser moi prudentes á hora de facer saídas e  que temos que manter as distancias co resto das persoas e desinfectarnos ben cando voltemos para a casa.
VEÑA ÁNIMO QUE XA QUEDA MENOS!!!
Gracias a tod@s os que enviáchedes fotos dos vosos maios, nos próximos días as publicarei...estade pendientes!!!
Hoxe tráiovos un recurso que atopei buceando pola rede e que me pareceu moi atractivo, xa que @s nen@s van aprendendo ao tempo que se divirten...
📍A ver qué vos parece...

PINCHA NA IMAXE
Por último quero deixarvos unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS  de dúas compañeiras irmás do noso cole e da súa familia. Aí volo deixo...
ALICIA CONDE PITA(3ºE.P.) nos recomenda " El reino de la fantasía" de Elisabetta Dami.
CANDELA CONDE PITA (6ºB deE.P.) prefire "Harry Potter" de J.K.Rowling.
E a recomendación destas compañeiras para ler en familia é "Las aventuras del joven Julio Verne: La isla perdida" inspirada nos libros de Julio Verne.
Gracias chicas polas vosas recomendacións!!😍😍
Nos próximos días ireivos achegando as recomendacións doutros compañeiros.
Xa sabedes que podedes contactar comigo no meu correo:
terelangara@gmail.com
🍒🍒Feliz día de primavera e ata mañá!!🍒🍒

sábado, 2 de mayo de 2020

OS CORONA-MAIOS

📌Que tal de finde familias? 
Como xa vos dixen o outro día, estamos a celebrar a festa dos MAIOS animándovos a facer a vosa propia composición artística dos MAIOS.
Hoxe quérovos deixar uns modelos de MAIO  que fixemos desde o Equipo de Biblioteca e de Dinamización Lingüística, aínda que si queredes facer o voso propio...ADIANTE!!! 🌿 🌼 🌷 🌸 🌹🌾
Espero que vos guste!!!
🐙 🐙 Un biquiño par tod@s. 🐙 🐙