Vistas de página en total

domingo, 25 de diciembre de 2022

DESPEDIMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE

 🎄Cómo vai iso familias?🎄

Setembro, outubro, novembro, decembro...e xa de camiño a un novo ano, pero non sin antes compartirvos todo o traballo que fixemos durante todos estes meses no cole. 📎📏

Coma sempre esforzámonos moito por aprender, por facer ben o traballo e por desfrutar todo o que puidemos... Vaia recordos máis chulis que nos quedan para o futuro!!💗

Esperamos que disfrutedes con estas fotos igual que o fixemos nós mentres participamos de todo isto.😊

Ai vos van!!

🎃SAMAÍN

Estes días de outubro estivemos súper atarefados coa decoración da exposición de cabazas que este ano levamos a cabo no centro e que tiña coma temática o arte. O lema desta actividade foi " CABAZA, CABACIÑA... Viches que arte tan bonitiña?"

Coma en anos anteriores tocounos facer os debuxos terroríficos que ambientaban esta exposición, e a verdade é que cada ano nos quedan mellor.









Como podedes comprobar o resultado foi espectacular...estamos feitos uns auténticos artistas!!






Pero isto non foi o único que fixemos. Tamén confeccionamos unhas COROAS DE ARAÑA que nos quedaron moi graciosas... e moi terroríficas tamén.













Parece un traballiño sinxelo, pero entre recortar a cabeza, as patas, pegar os ollos...deunos moito chollo, aínda que tamén nos divertimos moito porque quedaron moi graciosas.






Ademáis, durante estes días tamén fixemos outra manualidade.. UNS MARCAPÁXINAS DE MONSTRO!!!










E por si fora pouco durante esta semana a "Bruxiña Fani" leunos no recanto terrorífico da biblioteca o conto "Pelostortos" . Por certo, sabíades que a Bruxiña Fani se parece moito á nosa profe Fani? A que é curioso?😂😂



Xa para rematar a celebración do Samaín, o último día viñemos disfrazados dispostos a meter moito medo e participamos dunhas estacións de xogos que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega tiña preparados no patio cuberto do cole.Mirade que ben que o pasamos..




























✋25-N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Durante a semana previa ao 25 de novembro estivemos a facer unha serie de actividades para o Día contra a Violencia de Xénero.
Empezamos facendo unhas chapas xigantes coa nosa man estampada en cor branco que simbolizaba o noso rexeitamento á violencia.














E este foi o resultado final...

Esa mesma semana a orientadora do noso cole (Bibi) veu a lernos o conto " HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES". Por certo, gustounos moito porque tiñan momentos moi graciosos pero o máis importante foron as conclusións ás que chegamos despois da súa lectura.

Ademáis Bibi tróuxonos uns lentes de cor morado iguais que as dos bonobos do conto e que tamén levamos para a casa xunto coa chapa xigante e un lazo morado...Mirade como acabamos...




🎅NADAL:
Xa no mes de decembro nos puxemos a tope co Nadal.
Primeiro fixemos o adorno para colgar na árbore da entrada do cole.











E
o colgamos...






Como xa sabedes estamos en obras e por iso dende o cole ocurríusenos facer unha árbore de Nadal que xuntase o noso gusto pola arte coa situación de remodelamento que estamos a sufrir. Así pois,  fixemos cuns bloques de SATE (bloque de aislamiento térmico que moi amablemente nos deron os responsables da obra) unha árbore de Nadal súper orixinal que deixou reflexada esta idea.
Cada aula encargouse de pintar e decorar un bloque destes e este foi o seu proceso creativo:
✔O primeiro foi pintar de verde a parte de diante..









✔Despois a parte de atrás de cor azul e facer unha composición sobre o espacio ( proxecto que nos ocupou durante este trimestre)
















O resultado final da nosa árbore o podedes ver no vídeo de felicitación de Nadal que está colgado na nosa páxina web e que se encargou de montar o Equipo de Audiovisuais do centro. (somos o panel de arriba de todo)
O último día de cole estivemos moi atarefados xa que entre festa e festa deunos tempo a ver cómo dous compis da aula participaban no concurso culinario LÁNGARACHEF... Vaia, vaia, non sabíamos que Marina e Sergio cociñasen tan ben.





Estivémolos animando a tope...



Como sabedes, este último día foi de festa e merendas especiais. Aqui estamos decorando o mantel da nosa mesa xigante.










Cada un o decorou como lle apeteceu e quedounos precioso.😍





🚀PROXECTO VIAXANDO POLO ESPACIO:
Coma xa sabedes o proxecto deste trimestre versou sobre o espacio e temos que dicirvos que este tema nos apasionou. Aprendimos un montón de cousas que non coñecíamos e que nos deixaron moi sorprendid@s, de feito creo que máis de algún e algunha de maior quere ser astronauta.🌚

Comezamos o proxecto ambientando o noso recanto cun mural, materiais de lectura traidos da casa e da biblio do cole,  xoguetes varios e facendo nós as nosas propias aportacións de manualidade.
Cunhas caixas e por equipos fixemos unhas estacións espaciais para colgar do teito da clase.






Fixemos tamén un  PHOTOCALL de astronauta muy chuli.


















E así nos quedou...





Fixemos asteroides con fabas tinguidas con colorante alimentario para facer unha superficie lunar  que puxemos na nosa mesa sensorial.








O pasamos en grande neste recanto!!
Tamén elaboramos un SISTEMA SOLAR con círculos de diferentes tamaños e en poliespán... A cada un/unha nos tocou pintar un planeta ou Sol e para iso fixemos primeiro un traballo de investigación para coñecer as cores predominates en cada un deles.













Gústavos? 

Xa para rematar o proxecto quixemos facer cada un o noso propio Sitema Solar para levar para a casa e aínda que nos deu moitísimo traballo facelo, mereceu a pena o resultado. Mirade as fotos de todo o proceso.




























Este foi o resultado final...💫






Por último tocounos despedir deste proxecto e que mellor que facelo cunha foto de grupo.
📷
Ben familias, espero que vos gustase o repertorio fotográfico, só me queda desexarvos FELICES FESTAS  e vémonos no segundo trimestre dispostos a dalo todo outra vez.