Vistas de página en total

sábado, 8 de abril de 2023

SEGUNDO TRIMESTRE

 🍀🍀Ola rapazada!!🍀🍀

Como xa saberedes este trimestre estivemos moi ocupados traballando nun novo proxecto que nos apaixoou coma nunca antes...si, señor, O UNIVERSO MARVEL!!💫

BUAH!! Cantas cousiñas aprendimos deste mundo de fantasía que transcorre no noso planeta, no universo e no multiverso.Foi unha tarefa complicada pero coma xa saberedes non nos asusta o traballo de investigación e moito menos cando o tema nos apaixoa.💪

Para comezar tivemos que montar o noso recanto MARVEL e para iso trouxemos un montón de cousiñas da casa (puzzles, cómics, contos, figuras de superheores e villanos..) que nos serviron para documentarnos sobre aquilo que queríamos aprender.

Que recanto máis chulo!! Como poderedes imaxinar o día que nos tocaba ese recanto era unha festa.😊😊





Despois de ler moitas historias, contos e cómics MARVEL fixemos outro traballo  de búsqueda de información en dúas enciclopedias e varios libros que nos mercou o Equipo de Bilioteca...cando xa tiñamos claro cal era o noso punto de partida comezamos a facer o noso dosier. 📎📝 
























A ver, non pensedes que porque o proxecto nos gustaba moito non nos deu moito traballo. Estivemos PICO-PALA, PICO-PALA  tódolos días.😄

Cando chegou o ENTROIDO, tocaba ir disfrazado de algo relacionado co arte e... ANDA!!, mira tú por donde o noso proxecto víñanos ao pelo porque como xa saberedes o cómic é o noveno arte e MARVEL nos seus comezos só eran cómics. Pois ala, DE SUPER HEROE DE CÓMIC MARVEL.
VAIA SORTE A NOSA!!🎊🎉🎊🎉









Gracias mamás e papás por vir toda unha tarde a confeccionar disfraces, íbamos guapísimos.💖







Encomendáronos a misión de liderar a todo o cole no pasarrúas polo barrio e MISIÓN CUMPRIDA!! 
Vaia día máis divertido!! Todo o día de festa e ainda por riba disfrazados de MARVEL... Qué máis se pode pedir?💃💃

Cada vez que facemos un proxecto gústanos levar unha manualidade de recordo para a casa e desta volta fixemos a letra da nosa inicial caracterizada do superheroe ou superheroina preferidos. Prestade atencion  ao proceso de elaboración.

✔O primeiro de todo foi pegar con cola a nosa inicial (repetida tres veces) para  conseguir volume na manualidade.










✔A continuación pintamos o canto das mesmas do color do que ía a ser a nosa letra.


✔Por último a revestimos con goma eva e lle pegamos o símbolo d@ nos@ superheroe/heroína favorita.













✔E o resultado final...
Espero que as pegárades nun sitio especial da casa.😉
Xa para rematar o noso proxecto fixemos a portada do noso dosier...


















Ao longo deste trimestre non só traballamos MARVEL, tamén tivemos tempo para máis celebracións  e actividades.

〰DÍA DA PAZ
O Equipo de Convivencia para esta celebración proúxonos facer un taller de ferramentas para traballar a PAZ onde tiñamos que atopar solucións a diferentes conflictos ou situacións de desacordo. 
Foi unha actividade moi divertida, pero o que máis nos gustou foi o día da celebración porque fixemos un video sobre a PAZ moi bonito e nos xuntamos con tódolos nenos e nenas do cole para soltar pombas.





Mirade que pombiñas máis curiosas...


Nunca vimos nada igual.
〰DÍA DE ROSALÍA
Coma cada ano o 24 de febreiro recordamos a figura de Rosalía de Castro e desde o Equipo de Dinamización Lingüística propuxéronnos traballar un poema da autora e decoralo ao noso gusto.





















〰ENTROIDO
Ao longo da semana estivemos moi pendientes dos mandadiños do noso meco Manolo Carabolo, e o xoves de Entroido puidemos vir disfrazados da casa co noso disfraz preferido. Mirade que guapos e que felices.😍😍










〰ACUARIUM FINISTERRAE
Esta visita quedou sin facer o curso pasado para algúns compis da clase, asi que nos comprometimos en volver outro ano máis para que a puidéramos desfrutar todos xuntos.
A verdade é que nunca nos cansamos do Acuario da Coruña porque cada vez que imos aprendemos cousiñas novas.🐟🐙🐡🐠













〰OUTROS MOMENTOS DE APRENDIZAXE E DIVERTIMENTO




























Bueno familias, ata aquí o noso repertorio fotográfico do trimestre. Espero que vos gustase e que o desfrutedes do mesmo xeito que o desfrutamos nós.😊😊
Vémonos pronto!!
💙💚💛💜