Vistas de página en total

lunes, 11 de mayo de 2020

VIVA O MES DE MAIO!!!

Ola rapazada!!! 👾 👾 👾 👾
Vaia martes máis bonito de🍀maio🍀verdade?
Día 60 na casa desde que nos dixeron que non podíamos voltar ao cole...60 DÍAS XA!!! NON MO PODO CRER!!! 👀 👀
Qué difícil resulta estar tantos días separados, non si?Máis teño a esperanza de que sigamos as normas como nos mandan e pronto estemos xuntos outra vez.
 Xa sei que non é fácil, máis con un pouquiño de vontade isto vai ter solución.Ánimo!!💞 💞
Hoxe vos traio unha montaxe coas fotos que mandáchedes dos MAIOS...Vaia por diante que sodes uns campeóns e que faime moi feliz que nestes momentos de distanciamento participedes de canta iniciativa vos propoñemos desde o cole...SODES OS MELLORES e estou moi orgullosa de tod@s!!!
Déixovolo aquí con todo o meu cariño e espero que vos guste...🌾🌿🍁🌷🍂🌹



Ademáis xa sabedes que están moi cerquiña as LETRAS GALEGAe que este ano están adicadas a RICARDO CARVALHO CALERO...así que nos vindeiros días deixareivos cousiñas para que coñezades un pouquiño máis a este autor ferrolán.VAN SER UNHAS LETRAS GALEGAS MOI ESPECIAIS!!! 🏫 🏫
Animádevos a coñecer un pouquiño máis a Ricardo Carvalho Calero e á súa obra, XA VEREDES COMO VOS SORPRENDE!!!
📍RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA HOXE:
IKER GARCÍA LÓPEZ recoméndanos " El libro de la selva" de Rudiyard Kipling.
ABRAHAM ORTEGA LEGAZPI nos invita a ler "Supermercado en Animalandia" de Gloria Fuertes.
Gracias amigos polas vosas suxerencias, quedan apuntadas!!
Xa sabedes que vos podedes comunicar comigo no meu correo :
📩 📩 terelangara@gmail.com 📩 📩
Un biquiño 💋 💋

2 comentarios:

  1. Xenial Tere!!!!!! Un vídeo precioso!!!! E uns artistas os nosos pequerrechos do cole!!!
    Biquiños para todos

    ResponderEliminar